viernes, 19 de junio de 2009

O MEU BERCE

O MEU BERCE

Non esquezo o meu pasado de neno nestas praias da barda, o meu berce foi a chalana Xordania co folio 1004, empuxada por catro remos de meu pai e meu avó Luís, tería sobre seis anos cando empecei a saír con eles, o peor de todo era de noite, eu pouco ocupaba, na proa xunto a poutada tiña o meu leito, pouco mais ocupaba que a poutada de fondear, isto era os fins de semana, que cas o prefería mellor que ir a escola. A Barda era moi escrava pero daba de comer a unhas vinte familias, ou mais. O que mais me gustaba era cando andabamos as centolas co espello e a forquilla, os fondos do mar, cheguei a coñecelos todos, a destinguir unha centola de unha piña de golfe que son moi parecidos e se están paradas e difícil destinguir, na barda so había dúas persoas coñecedoras o cen por cen neste oficio, un deles Suso de Antón, el dicía que as coñecía mellor no fondo do mar que na rula na Coruña, isto o dicía polos prezos baixos que levaban, cada quince días polos camiños da barda, as cinco da mañan era todo un desfile de luces, homes, mulleres e rapaces, cargados coma burros subían campo arriba con uns caixóns cheos de centolas e nécoras, os rapaces eran os encargados das luces, uns farois de aceite, ou con unhas pequenas velas dentro de estes farois, non sería a primeira ves, que co pouco que se vía, tropezabas con unha pedra e o farol apagábase, e despois de romper os xeonllos contra as pedras, unha collida de orellas, e se non caias, o vento apagaba o farol e xa non o podías acender, o camiño non podía ser mais malo, cheo de buratos e de pedras, mais ven sería pola auga que corría por el cando chovía.
O camión de Cotelo pasaba a recoller a mercancía sobre as sete da mañan.
Despois de subir o campo da pedra ancha, esperar a chegada do camión, daquela a gripe non existía, non sei que dicir, ou non existía, ou xa non saia do corpo nunca, uns pra casa, outro metido entre as caixas para a Coruña para vender a mercancía.

O meu berce, un vai ven das ondas do mar, o meu teito, o ceo cheo de estrelas co canto das gaivotas cheas de fame, esperado a recollida do axexo, e que lle caera algún peixe esmagado. Mais das veces pasabamos a noite en Santa Mariña, para facer a primeira collida da alba nas proximidades, eu ficaba durmindo na illa o carón de unhas brasas que prenderamos para asar uns xurelos na cea.
O medio día do Domingo chegabamos a praia da Barda, despois de descargar os tramallos e betas pasalos a caseta, metiamos o peixe en caixóns na Salgueiriña fondeados para o Luns vender. Os Xoves e Venres eran para vender o Sábado na feira da Trabe en Ponteceso, os demais días vendíase polas portas, chegaban vendendo ata Baio coa caixa a cabeza as mulleres, e coma cartos non había trocaban peixe por patacas ou millo, e cargadas para qui, e cargadas para ló.

Luís Suárez ( Corme )

No hay comentarios:

Publicar un comentario