viernes, 3 de julio de 2009

COUSAS DE BRUXAS

Aló a comezos do século XX xa fai uns noventa anos no lugar do Roncudo había unha moza chamada Rosa, é vivía no alto da Vixía os seus pais eran labradores e os seu pai tamén polo verán facía de mariñeiro nas tarrafas no porto, como labradores eran uns dos mais da aldea, chegaron a ter tres vacas na corte, cando naceu Rosa non era o mesmo boa faia facía o que avía na casa ou caseta onde vivían. Rosa saia as romarías, a Santo Adrián a Aldea, o Faro en Brántuas, as festas do Porto, xa cumprira os vinte anos, e nunha festa no faro coñeceu a un mozo de Juxín Luís, neses tempos aínda aos vinte anos era moi mala sona ter noivo e trataron de chamalo coma de bos veciños da parroquia de San Adrián de Corme.
Foi pasando o tempo e os amoríos de esta parella, xa foi pasando de vos veciños a o amor de querer un ao outro, Luís mercou un pequeno faco para que os seus viaxes que facía ao Roncudo fosen mais cómodos, e o camiño non estaba aló moi ven arranxado para camiñar de noite, o faco Manolo estaba tomen contento de facer este viaxes xa que en Roncudo tiña algunha fariña de recompensa cando tiña que ir a buscala o muíño da Zorrateira, lugar escondido de so estrelas e algunha luz de algún navío polo mar, esta escuridade da noite facía de compañeira a esta parella no tempo que esperaban para recoller a fariña que saia da pedra de moer no run, run, de ruído que facía a cuberta de pedra, entre este run, run pasaban as horas e o faco facíase o inocente e non vía nada, so esperaba a que o muíño acabase de moer para ter a súa ración de fariña con auga do manancial fresca, que mellor amor que este. As catro da mañan collían camiño arriba, moita costa, o peso da fariña era pouco. Luís, fillo de solteira pobres, vivían no lugar de Guxín nunha caseta de so un andar, moita fame, a pobre da súa nai traballaba de sol a sol para poderlle dar un pouco leite que recollía nas casas que traballaba no lugar, este sería o xornal que lle daban polo seu traballo de mais de 15 horas, dicíase xornal de sol a sol e as veces de lúa. Luís cando foi collendo idade marchaba camiño de San Adrián vello, aló nas Salgueiras había unha pequena aldea que estaba evitada por unhas familias que apreciaban aos parentes de Luís, axudáballe aos asuntos da labranza, e despois de darlle a comida sempre aparecía un pantalón ou unha camisa para poñer o Domingo ou unhas alpargatas para poñer nos pes, xa que durante a semana os pes estaban descalzos e cheos de feridas, nin os toxos nin silvas entraban aquelas peles.

Volvendo aos amoríos, aló na Aldea do Roncudo, un día ao deixar a Rosa aló serian as 12 ou a 1 da mañan, Luís e Manolo collían camiño abaixo, pasando por a Fieiteira, Cuíña de arriba, os dous cheos de sono baixaban tropezando coas pedras, o entrar no río de Cuíña o faco Manolo non quere pisar as augas, Luís dille que camiñe Manolo non quere, neste intre Manolo pártese en dous e Luís cae a auga, o estar na auga mira a todos os lugares e Manolo desaparece e non deixa rastro, Luís levantase e empeza a correr, recordando o pasado, como foi que o faco se partiu en dous, ¿isto é cosas de meigas ou do demo? ¿Manolo onde estas? Manolo non apareceu por todo o camiño dende Cuíña a Guxin.

Fosen bruxas ou demos non o sei, so sei que meu avó contoume que esa noite tiveron festa na casa, a matanza do porco, beberan algún viño e comera algo fora do normal, para meu avó sairán os dous da Vixía, é saíron dito por miña avoa Rosa, cando meu avó chegou a casa Manolo estaba na corte, ¿A cabrón déixacheme tirado no río? ¿Que fixeches para partirte en dous? ¿ Es o demo? ¡¡pegar non che pego, pero mañan castigado!!

Sobre este ocorrido, quizais o que pasou foi que meu avó Luís no estaba afeito a beber nada, bebeu uns grolos de viño e colleu o cabalo durmido, montouno e polo camiño viña soñando en algunha cousa rara, o cabalo o tocar coa auga asustouse e meu avó caeu ao río, e a auga no inverno baixa fría, o cabalo empezou o trote e meu avó buscando por el.

Aínda cando mo contaba, fosen as veces que foran, para el o faco Manolo partirase en dous, é foise de este mundo dicindo que foran cousas de bruxas ou de demos é non de ningún sono raro.......



Luís Suárez. 2- 7- 09

No hay comentarios:

Publicar un comentario