viernes, 17 de julio de 2009

CUBA 1930


O RAPAZ E Ó VELLO

Contan que nunha aldea, despois de 120 almas que contaba o censo, encontrábase Toniño é Lelo, Toniño o rapaz é Lelo xa entrado nos sesenta anos. Ó Toniño un xa medio mozo só lle gustaba falar das boas mozas do pobo, e nunca dos libros, encambo ó avó Lelo falaba sempre dos vós libros de literatura, de cultura é historia, tamén gustaba contarlle as súas aventuras de cando fora mozo, unha de elas fora de un viaxe que fixera a Cuba, contaba que aquela illa era unha marabilla de mulleres pretas e mulatas, onde as augas dos seus mares estaban sempre moi quentes, traballo para todo aquel que quería traballar, non tiña nada que ver coa nosa terra que enlazaba de un inverno con outro. O único que lle contaba mal da illa era da súa mala política, das súas revoltas dos labregos e estudantes. Faláballe do tirano de Gerardo Machado é da súa ditadura apoiada por Estados Unidos. En cambio Toniño pouco tiña que contar, non era como os nenos de esa illa do Caribe que xogaban no malacón da Abana mirando cara a súa baia como entraban e saian os buques a vapor moitos de eles coa bandeira Española no seu pau entre as velas, Toniño en vez de ir a escola coma estes e contarlle o seu avó aventuras literarias, contáballe como un día foi capaz de coller no monte un conexo facendo como o conexo o fai, a saltos, e cara abaixo, que máis das veces os tombos son mortais tanto para o cazador coma para o animal.

Un día, contaba ó Toniño que estaba dando conta das bacas que non comeran o millo nunha leira coa su avoa, nas Raposeiras, é el dicía que sempre lle tiña medo as bacas aínda hoxe tenlle ríspeto, ¿ ai ese día?, volvín a nacer, a marela estaba comendo un pé de millo, eu fun tornala e a mala marela mirábame de lado, eu xa con medo fun pola parte de diante así non podíame dar unha patada, pero achegueime un pouco a ela e a cabrona fixo un movemento coa cabeza e colleume con un corno pola cintura aferrándose o corno a un cordel que tiña coma cincha na miña cintura, a vaca o terme enganchado empezou a correr e menear a cabeza de un lado para outro, así estibemos uns des minutos ou mais. Cando o animal quixo nun de eses zarandeos, soltoume ou rompeu a amarralla non sei, so sei que tiven unha sorte de mil raios non pincharme co seu corno a barriga.

Lelo escoitaba coma Toniño lle contaba cousas que lle pasaran a el tamén cando fora rapas ou aínda peores, pero o vello so gustaba contarlle cousas o mozo das súas andainas nos mundos do caribe, con aqueles traxes brancos e crobata, sombreiro de alas anchas, nun mundo marabilloso, so que tiñas que traballar moitas horas para poder vivir, onde traballo si había pero mal pagado polo réxime que implantara Machado que só apoiaba o cacique empresario e o imperio ianqui implantado na illa.
O avó Lelo, cóntalle a Toniño todo o criterio das loitas e golpes de estado na illa, unha de elas foi cando derrotaron a Machado apoiado por EE.UU, pero fixeron o que eles quixeron, sacaron a un ladrón e puxeron a un traidor da patria, amante das rexas carcerarias e torturador das masas revolucionarias obreiras e campesiñas. Despois pasáronlle o poder a outro aínda peor o sarxento Batista tamén nun golpe de estado, mentres tanto o pais puxese patas arriba, que era o que querían os poderosos do norte as masas nas cárceres os partidos obreiros revolucionarios pasaron a clandestinidade e mesmos os que apoiaron algún golpe militar chamados demócratas tamén foron apartados da política, un atentado contra aqueles movementos estudantís que apoiaron a Batista chegarse o poder de corta duración.
E así despois de este marabilloso paraíso do traballo das mulatas da praia, e dos rapaces xogando no Malecon da Abana ese traxe branco con zapatos negros coa punta branca, todo pasou o pantalón a remendos cosidos con fío que encontraba tirado pola rúa. Quería marchar para a miña terra pero non tiña diñeiro para pagar o pasaxe, a fame cada día era mais, eu nas cartas non contaba nada, non sei como na casa en España se deron conta e nunha carta dixéronme que si quería voltar que me mandaban o billete ou o diñeiro non esperei mais, collín o correo que saia da Abana a Vigo pasando polo Brasil, onde tiña ganas de quedar pero non o fixen.

Isto foi de un emigrante a Cuba contada a o seu neto.


Luís Suárez (Corme-17-07-09)

No hay comentarios:

Publicar un comentario