viernes, 14 de agosto de 2009

BRAN CULTURAL A.VV. EDUARDO PONDAL CORME


ALLARIZ OURENSE

Allariz, é un dos concellos onde o visitante quedara satisfeito e contento de facerlle unha visita, a AVV de Corme fixo unha excursión a Ourense capital onde valeu a pena, recorrer as súas rúas do casco antigo a catedral.

En Allariz, visitamos o muíño do Burato, o Museo do Tecido, o Fiadeiro, e o Museo do Cairo, que foi no seu tempo, unha fabrica de curtidos.

Despois de un dia cheo de calor, cando bale e pena pasase encantado visitando este muíño do Burato no río Arnoia, onde aínda non fai moito moia para sacar a fariña do vo pan de Allariz dentro conserva toda a súa maquinaria, e mesmo o cuarto do muiñeiro onde este móstranos o cuarto coa súa cama cando a deixaba para ir a facer o seu traballo, co seu salgón de cazula do millo, os seus zocos, e para rematar debaixo da cama esconde a bacenilla de porcelana, na foto que acompaña este articulo, son eu axudando a moer a dúas parellas de veciños de Allariz.

Na casa do tecido, están todos aparellos onde as nosas avoas facían as telas de liño, dende a súa herba ata o seu remate en tela.

A fabrica do curtido do coiro, onde xa na súa entrada esta a roda de granito de unhas dúas toneladas de peso que pisaba as especies coma follas e outros para o curtido das peles e de aquí pasaban a unhas pías onde estaban as peles, e mesturando con todo isto curtíanse. Esta roda era tirada por un cabalo o redor de un burato tamén feito de granito do país, unha cousa parecida o que fan en Andalucía para triturar a acéitena.

Dende o 6 ao 14 de Xuño fan a festa do boi onde din que bale a pena pasar uns días en Xinzo para velas.

O remate da visita falei coa rapaza que facía de guía, e pregunteille se sabia quen fora o que puxera todo isto en marcha, ela contestou o anterior alcalde Quíntana, onde antes non tiñamos nada. Isto é para que outros alcaldes copien, e non digo quen......

Luís Suárez (Corme-14-08-09)

No hay comentarios:

Publicar un comentario