martes, 4 de agosto de 2009


O TRICORNIO POLOS CABANOTES

Nas aldeas aínda recordamos aquelas noites de inverno e cheas de frío cando polas noites tiñas que ter coidado en non pisar algún corpo tirado polo chan entre a herba que tiñamos para estrar os porcos e as vacas, un día sobre os anos cincuenta, unha muller da miña aldea foi o palleiro buscar unha pouca palla, e a pobre levou o medo con sigo ata a súa morte aínda non fai moitos anos. Outra, pero isto foi na parroquia de Brántuas, a casa tiña unha eira pola parte de atrás, onde xunto a esta eira tiñan dúas cabanas e nunha de elas gardaban a palla do trigo para darlle o gando durante o inverno, esta familia tiña unha moza xa con tempos de amoríos, pasou unha, pasou dúas noites ou mais, e o pai cansado de sentir aquel barullo todas noites na cabana, decidiu de ir chamarlle a atención a parella e se querían festa que foran para o cuarto caladiños, el foi todo sen dicir pío, cando chegou o burato da cabana, tirou de un trapo que saia para fora e con el un fusil enganchado, cando o paisano vío aquilo coa pouca claridade da lúa fuxiu para dentro da casa e contoullo a súa dona preguntádelle quen sería o que agochara aquilo na súa cabana, a muller con mais nervio colleu o candil do sainle e díxolle o seu home que a acompañase a eira, el foi, grazas que non saio ningún gato todo foi pasando, cando chegaron a cabana nin estaba o fusil nin o trapo. O día seguinte xa sabia que a súa filla non fora, pero quen fora buscar a arma, entrou na cabana remexeu na herba e non estaba pero si encontrou un anaco de un papel con nomes mal escritos, o home colleuno e botouno debaixo do pote no lume. Co tempo pasado sóubose que aquel trapo fora a capa de un Guarda Civil que tiña por encima para agardarse do frío, é entre o frío é o sono, non se deu conta de nada, que foi mellor así para os catro, mellor dito para o matrimonio.
Isto pasoume a min, unha noite cando chegaba do baile, serían as catro da maña, o chegar a casa dos de Americano, todo as escuras, danme o alto en castelán, eu levaba uns grolos e non os entendín pero si sabia que era a Guarda Civil, preguntáronme de onde viña e eu contesteille do baile do Porto, tamén dixéronme que aquelas non eran horas de andar por fora, eu calei non dixen nada ata que me dixeron que lle tiña que firmar un papel, o viño pasoume da cabeza aos pes, pensando que fora o que eu fixera para firmar ese papel, un de eles era un cabezón e autoritario nas súas palabras, cando se cansaron dixéronme o que era aquel papel, eles o chegar o cuartel tiñan que entregar o papel firmado por un veciño dicindo que os encontrara en patrulla a tal hora en tal sitio, que todo era mentira, eles estiveran durmindo no cabanote de Moreira, que xa non fora a primeira ves que o facían coma nos outros do entorno a carreteira. E coma esta moitas mais que deron bastantes sustos os seus tricornes de charol brillando coa luz da lúa. Corme 4 de Agosto 09

No hay comentarios:

Publicar un comentario