lunes, 14 de septiembre de 2009

AS CAROLAS (piñas)


COA MALETA DAS CAROLAS AS COSTAS

A maleta é un aparello utilizado para recoller as piñas dos piñeiros, tratase de un mango longo, é na súa cabeza ten unha pequena táboa cruzada que sirve para golpear a carola ou piña e así tirar de ela.

Todas as mañas, inverno e verán, saían de Corme Porto o exercito da recollida de piñas, eran uns vinte, algúns de eles descalzos, onde os seus pes tiñan que recorrer seis ou sete quilómetros empuxando unha carretilla de madeira cargada de sacos cando tiñan a sorte de encontralas, é mesmo se ó propietario da finca non chegaba e llas sacaba, non sería o primeiro que lle pasou. Cando o pasaban mais mal era no inverno, collían a molladura cando saian da casa, e ata chegar a ela non podían cambiarse, aqueles que tiñan roupa de reposto, o diñeiro que sacaban era pouco, unha peseta ou menos cada saco, cando tiñan algún comprador particular para as súas cociñas sacábanlle algo mais, en Guxin compráballe Romero moitas carolas pero a moi baixo prezo, o señor Manuel tamén era un artista subindo os pinos e manexar a maleta con arte de mestre do oficio.

É a unha da tarde, a fame xa non deixa subir os pinos, cargados ata a carretilla que a teñen na estrada co primeiro viaxe, levan ata tres sacos cada un, uns setenta quilos, un de eles o chegar a carretilla dáse conta que alguén remexeu no seu caixón que tiña por debaixo da carretilla, hoxe xa non podía comer esa onza de chocolate coa broa que lle dera a súa nai, entre eles todos dicían que non foran, non viran ningún alleo da cuadrilla polos arredores ¿quen foi o que comeu o meu chocolate e a broa?, dicía Xosé, el sabía ven que o que fora non dicía nada, pero el sabia quen fora, o que sempre recollía as pinas que non eran de el, ou cando escondía os guizos entre os toxos. Xosé dime que coma este había mais, tamén contoume que un día estaban apañando nos montes do faro de Brantuas e non se deron conta, que o dono da chousa os estaba esperando no portelo da finca, a que eles chegaran cargados, facendo que deixaran as carolas na finca, Xosé e algún mais colleron finca arriba pisando toxos e o que encontraban no chan, cos pes descalzos, despois de despistar o señor de Niñons, puxéronse a sacar as espiñas dos pes, que aínda que os tiñan afeitos e duros pisaran toxos vellos. Este día, a metade do exercito das carolas pasarían sen cear algúns, coma o escravo que tiña que traer oito sacos o día, ou non ceaba, e tamén tiña que traballar o Sábado todo o día, hai pais que lle queren moito os seus fillos, di el.

Antes de achegarse o monte, buscar unha leira de froita, e como o dono se a pides non cha da, pois teremos que collela co permiso do can gardián.
Un día, pasabamos por Guxin, conta Xosé, e encontrámonos coa señora María, pedímoslle froita, dicindo que tiñamos fame, e se nos daba unhas mazas para comer no monte o medio día, ela contestou que si tiñamos fame que traballaramos, coma si o que estabamos a facer fose un xogo, subir os pinos de mais de quince metros coma os gatos, recoller as pinas entre os toxos descalzos, vir cargados a mais de sete quilómetros, isto non é traballar, ¿a que lle chama traballar, señora María?, ir a vender o leite ó porto non é traballar, tamén vostede o pode beber, que ese non é traballo.
O próximo día asaltabamos a leira de noite, e collemos froita para a semana..... A señora María xa fai anos que finou.

Luís Suárez (Corme-Aldea 14 de Setembro 2009)

No hay comentarios:

Publicar un comentario