viernes, 30 de octubre de 2009

PEPA LOBA


PEPA A LOBA

Xa pasaron moitos anos de esta historia, isto foi aló a mediados do século XIX, cando na parroquia de Couso naceu esta muller, nunha familia moi pobre onde non tiñan nada, nin cama, nin comida, a súa nai que era coñecida como a Falucha, onde quería moito a rapaza, e o pouco que tiñan o repartía entre as dúas.
Pepa, non tiña pai coñecido, aínda que todos dicían que era filla de un irmán do tendeiro da Aldea. Un día cando estaba a coidar das ovellas e cabras da súa tia Dorinda, apareceu un lobo e empezou a darlle paus o lobo, é entre ela é o seu can deixaron o lobo morto, Pepiña ficou ferida, e o seu can, axudou a rapariga achegarse a súa casa xunto o rabaño de ovellas e cabras, e así dende este día quedoulle o sobre nome de Pepa a Loba.

A infancia de Pepa foi moi ruín, e mesmo na súa xuventude, xa que cando tería uns 18 anos a súa nai Falucha foi violada por un descoñecido e fica embarazada, Pepa estaba no sitio, cando este estaba violando a súa nai. Os nove meses a nai pariu, onde morreron os dous, tanto Falucha como o seu fillo.

O ficar sola, Pepa quedou na casa da súa tía, onde a fai mendigar e traballar como unha excraba, onde a entregou a tendeiro da aldea para que a fixera muller da súa casa, e así ter cousas a cambio. Co paso do tempo o comerciante cóllelle cariño a Pepa e cóllea en adopción como filla, para que no día de mañan sexa unha muller valida, fai que un estudante lle enseñe para a súa formación.

Pepa encontrábase soia, e pediulle o estudante ser noiva se el a quería, namóranse un do outro, o tendeiro fai testamento a favor de Pepa, o pouco tempo o tendeiro aparece morto con un coitelo cravado no peito, o seu noivo saíu ceibe, pero ela foi encarcerada, onde no xuízo lle saíu cadea perpetua.

O pobo sospeitaba, sen embargo que o asasinato o fixera o irmán do tendeiro, onde tamén se sospeitaba de que era o pai de Pepa, este erro da xustiza fai que Pepa teña que estar moito tempo na cadea de Pontevedra convertendo esta muller nunha persoa moito chea de rabia e con desexos de vinganza.

Na cadea pide auxilio espiritual o cura da cadea, e cando están sos golpea o cura e escapa vestida coa súa sotana.

A FUXIDA DE PEPA LOBA

Na saída disfrazase de home é sae de Pontevedra, tiña que vingarse de Albeite, o irmán do tendeiro e que dicían que era o seu pai. Con unha pistola e o seu fel can Lueiro dirixíronse a Couso, alí o ameazou e fixo que o seu can o matase. E así foi o primeiro crimen de Pepa a Loba, aínda que foi o can o que o matou. Despois foise o monte a vivir onde forma unha banda de bandoleros onde fan numerosos roubos, crimes e asaltos.

A provincia de Pontevedra é a mais castigada por esta banda, onde tamén fixeron roubos en outras provincias Galegas. Coa súa cuadrilla de bandoleros asalta a os camiñantes, tamén os pazos , casas fortes, casas dos curas. Entre os ricos e tamén os campesiños, os ai que están a favor e encontra, pois séntense identificados en certa maneira con ese espírito rebelde de campesiña azoutada pola miseria, a xustiza e a crueldade. E así comeza a forxarse unha lenda que aínda séguese transmitíndose en moitos lugares da famosa bandolera que se facía ver coa súa pandilla.

O pobo forxou unha lenda sobre esta famosa bandolera, e existe moi pouca documentación sobre a súa vida. A maioría dos relatos devense a tradición oral que se teñen transmitido de xeneración en xeneración.

Corme, 31 de Outubro 2009 (Luís Suárez Varela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario