miércoles, 11 de noviembre de 2009

DEFENDER OS NOSOS DEREITOS


Defender os nosos dereitos


O PSdeG implantou no anterior goberno en Galicia un programa de gratuidade dos libros de texto nos centros sostidos con fondos públicos, en todos os cursos da ensinanza obrigatoria, para todos e todas, e por tanto un novo dereito cidadán no sistema educativo galego de carácter universal. Cando nos tocou desempeñar labores de goberno, sempre establecemos medidas que tenderan a potenciar, impulsar e crear novos dereitos para toda a cidadanía. dereitos universais aos que todos e todas tiveramos libre acceso. sanidade, educación, sistema de pensións e a recente lei de dependencia, estes, son os catro piares do chamado estado do benestar. constitúen para os socialistas.
Todos eles, son dereitos universais irrenunciables sobre os que non debemos tolerar ningún paso atrás, por iso, os socialistas loitamos tamén polo dereito universal a un sistema educativo de calidade, público e gratuito, hoxe en día, por exemplo, ninguén discute que todos e todas, polo único feito da nosa condición de cidadáns e cidadás deste país, debemos ter dereito a un sistema sanitario público de calidade en condicións de igualdade, onde non deben existir diferencias de ningún tipo, de feito, fumos os socialistas os que implantamos neste país un modelo público, gratuito e universal da sanidade, deixando atrás o vello modelo da dereita baseado na beneficencia e na discriminación.
Xa que logo, o PSdeG tamén defende na educación un modelo público, de calidade, gratuito e universal para todos e todas, sen discriminacións, sen axudas, sen beneficencias, e si como dereito universal. Porque todas as actuacións políticas baseadas nos recortes de dereitos son políticas que o que pretenden é desmantelar o estado do benestar. un estado do benestar que tanto traballo e esforzo nos costou aos progresistas implantar neste país. no estado do benestar, os dereitos son da cidadanía, non dos gobernos. por eso, cando conseguimos consolidar un novo dereito, non debemos permitir que ninguén o veña a suprimir. non podemos consentir que dende a demagoxia, dende a tergiversación e a manipulación o Partido Popular recorte dereitos consolidados.
9
O modelo de gratuidade implantado polos socialistas e baseado no sistema de préstamo, é un modelo consolidado en numerosas Comunidades Autónomas e avalado pedagoxicamente polos profesionais docentes e pola maioría das nais e pais de alumnos-as e das súas organizacións, resaltándose as bondades deste sistema polos valores que inculca ao alumnado de solidariedade, respecto, aprecio polo material colectivo, ecolóxicos, etc., ademais do propio valor que representa o acceso de todos e todas gratuitamente ao libro de texto. durante o anterior goberno, Galicia foi a comunidade autónoma coa “volta máis barata ao cole”, segundo reflicten estudios das organizacións de consumidores.
10
O Partido Popular pretende implantar un modelo de gratuidade para os libros de texto parcial, inxusto e insolidario, deixando fora da gratuidade -e, por se fora pouco, en época de crise-, en virtude dos baremos anunciados, a moitas familias con poucos recursos económicos. ademais, aínda por riba, é un modelo menos eficaz e menos eficiente tanto en termos pedagóxicos, como económicos, como sociais. pero, é teñámolo moi claro todos e todas, o máis importante, é que o Partido Popular suprime o dereito que tiñamos acadado todos os galegos e galegas a un sistema educativo público, universal e gratuíto que combina calidade con equidade.
- De máis de 167.000 familias, máis de 123.000 (75%) quedarán sen o dereito á gratuidade.
- Delas, miles de familias que nin siquera acadan a condición de mileuristas.
- Un novo tributo que irá a parar ás arcas da ensinanza privada/concertada
- Galicia pasará de ser a comunidade autónoma coa “volta ao cole” máis barata de España a ser, xunto con Madrid, a máis cara de España.

Núñez Feijóo minte e traizoa á cidadanía galega:
- Porque suprime un dereito consolidado.
- Porque incumple o seu programa electoral, que falaba de cambiar o modelo de gratuidade, non de suprimirllo ao 75% da poboación..
- Porque anunciou que as supostas políticas de austeridade, nunca afectarían ás políticas sociais e, polo tanto, as educativas.suponse polos feitos que, quería decir que nunca afectarían ás partidas adicadas ao sistema educativo privado e concertado. Ainda que plantea
- Reducción de plantillas de profesores en todas as etapas educativas
- Formación de profesorado: 25% de reducción de asesores de formación nos centros de formación e recursos. supresión total da partida para os movementos de renovación pedagóxica.
- Política lingüística: ¡que dicir que non saibades!
- Privada concertada: curiosamente é para o único sector onde manifestaron que si tiñan cartos para a ampliación dos concertos, e o que é, especialmente triste, para a reposición dos concertos aos centros que segregan ao seu alumnado en función do sexo.
- Atención á diversidade: froito especialmente da drástica reducción de profesorado, vai quedar moi afectado todo o que teña que ver directa ou indirectamente coa atención á diversidade. redución de profesionais de pedagoxía terapéutica, de orientación, de audición e linguaxe. imposibilidade de establecer grupos reducidos ou desdobramento das aulas en materias de especial dificultade,...
- Drástica redución en investimentos nos centros públicos.
Todas estas medidas entendese como o intento de desmantelar e desprestixiar o sistema educativo público.

Sobre os supostos prácticos das axudas
Vexamos un exemplo que eles non din:
-Unha familia composta por pai, nai e un fillo/a (é dicir, 3 membros), terá dereito a 180 euros por ese fillo/a se os seus ingresos non superan os 16.200 euros
(5.400x3=16.200). se están entre 16.200 e 27.000 euros, recibirán 104 euros por ese fillo/a (9.000x3=27.000).
Pero... por que non nos dan a tradución desas cifras ás nóminas mensuais? porque non poñen o caso, bastante frecuente hoxe en día, dunha familia cun único fillo/a?
Cecáis porque iso descubriría verdades como estas:
Que unha parella de traballadores que teñan un fillo/a, se gañan cada un deles máis de 578 euros brutos mensuais, non teñen acceso a axuda de gratuidade dos 180 euros.
Que esa mesma parella, se gañan 964 euros brutos mensuais, non teñen acceso a ningún tipo de axuda.
Que unha parella de traballadores que teñan dous fillos/as se gañan cada un deles máis de 771 euros brutos menguáis, non teñen acceso a axuda de gratuidade dos 180 euros.
É dicir, para Núñez Feijóo, a frase do seu folleto propagandístico, “concentraro seu esforzo económico nos que máis o necesitan: familias con rendas baixas e medias...”, tradúcese na realidade en deixar fóra do programa de gratuidade a milleiros de parellas que, desgrazadamente, en plena crise económica, distan moito de poder chamarse mileuristas

No hay comentarios:

Publicar un comentario