viernes, 27 de noviembre de 2009

DESPOIS DE MORTO


NOITES DE MEDO

Os mortos en algúns cemiterios xogan o tute, levántanse a media noite e recorren as aldeas arranxando o que non puideron facer de vivos. Isto ocorreu nunha parroquia da costa da morte, o defunto na súa vida pois gustaba andar as escondidas, un xogo moi tradicional nestas terras, seguiu nos xogos mesmo despois de facerse home feito e dereito, xa estaba casado e mesmo con fillos, isto non e coña, gustaba de xogar as escondidas pola corredoiras, e mellor cando se xuntaban as mellores rapazas da aldea. Un dia, non xogo de estes que a el lle gustaba, encontrouse con unha moza nun lugar sen lúa, que eles mesmo a fixeron brillar naqueles ollos abertos ollando o ceo. Pasou o tempo, e o remate de nove meses naceu o protagonista de este conto, ¿que de conto non ten nada? O rapas foise facendo grande, dicían que a súa cara e a mesma de este home dos xogos noturnos, que o paso do tempo non tiña cara a negalo, en que podía ser fillo de el, pero non sabia como, xogar, xogara, pero igual lle fallara o tino no asunto, ¿o que hai que facer, aínda despois de morto? A culpa a ten o diñeiro e propiedades que un deixa, e se non o deixas ben feito, a pelexa entre eles e diaria, mira que eu lle tiña dito, isto para ti, isto para eles e nada. Agora encóntrome entre dos bandos, os fillos da miña muller, e o fillo, feito aquela noite de lúa chea, xogando as escondidas con......¿ai non digo o nome, nin de ela nin do meu fillo, por que e meu fillo, digan o que digan?, aínda despois de morto non podo estar tranquilo, a casa e do meu fillo, se me deixaras onde estaba, agora teño que estar fora cheo de frío, quero estar no meu nicho que fun eu quen o pagou, eu sei quen me sacou, non quero pasar polas mans de ninguén, e se queren saber algo mais do que eles buscan, teñen onde facelo, maldito sexa o mundo que deixei, dos que se acordan de un cando hai diñeiro por medio, ¿para que nacín? Deixádeme tranquilo neste mundo que estou, quero estar na miña tumba e non nun lugar foráneo que eu descoñezo, eu non son capaz de encontrar descanso mentres non arranxedes todo sen terme a min por medio, quero estar cos meus, que non necesitan nada, so saímos a xogar.... a baralla.

Luís Suárez (Corme- 27 de Novembro 2009)

1 comentario: