martes, 12 de enero de 2010

QUIXERA SER


VINTA E DOUS DEDOS

Aínda temos a quen preguntarlle isto, eu sei quen naceu con 22 dedos, des nos pes é doce nas mans.

Mais de catro esta dicindo, se fose eu, faríame rico, pois non, este que eu coñezo, non presume de ter moito diñeiro, nin o collería se fose o caso de que alguén lle propuxera gañar diñeiro, con tal aventura no seu corpo.

O único que lle serviría os das mans para defensa persoal, nunha pelexa, para tapar a cara mellor do agresor.

Nos circos acostuman a ter animais raros, refírome a animais non humanos, neste caso sería un animal raro, para divertir a outros animais da súa especie, e como de iso trataremos neste articulo, contareivos o que este home de vinte e dos dedos me contou.

Xa fai algúns anos, nunha parroquia de Bergantiños non moi lonxe do mar, nace este neno con seis dedos en cada man.
Os catro ou cinco días de ter nado, os seus pais levárono o médico para que lle aconsellara o que tiñan que facer con aquelas mans do raparigo, o médico non se asustou coma estaban asustados os seus pais, o rapas non tiña catro orellas nin seis ollos, so que tiña seis dedos en cada man.

Pobre rapas, o dedo que tiña demais en cada man, era un segundo miñique algo máis pequeno que verdadeiro, non tiña oso, e por iso o dedo caíalle para os lados, tiña todo o demais, a súa uña, forma do dedo, pero coa falta dos osos, o rapas non podía ser boxeador con aquelas mans, aínda que as tiña moi anchas para dar sopapos a todo aquel que se acercaba a el.

A semana, de que todos dicían o que querían, so lles faltaba aquilo de decisión de dicir, que aqueles dedos fora.

Unha tarde o señor médico, pasou pola casa de este, que esta todo animado cos seus 22 dedos, o doutor di de cortalos, que xa traia o aparello para cortar, e di el, eu non entendía o que estaba a tramar o señor este, é non sería bruto o animal, cortou coma se fose a unha besta do circo, sen pensar nunha hemorraxia nin nada, cortar, catro puntos, uns cuantos trapos para tapar a ferida e unhas tiriñas, iso si, da farmacia.

Os pais do neno, non quixeron tirar os dedos no lixo, iso non sería de vos Cristiáns é metéronos dentro de unha botelliña chea de alcohol, xa que a ferida non lle meteran ningún ante inflámante, è así durarían os dedos moito tempo, e así foi.

Cando o rapas xa xogaba, é non tiña xoguetes, collía a botelliña para xogar con ela, un día estaba so, é colleu a botella para xogar, non sabe como fixo e destapouna caendo todo o que tiña dentro e empezou a xogar cos dedos, percebes non eran, per el sabia que era carne, mirou para un lado, mirou para o outro lado, e entroulle as gañas de comelos, e dicindo estes son meus e podo facer o que queira con eles. Onde non o fixo.

Os dedos aínda existen, despois de sesenta anos.

Corme 12 de Xaneiro 2010 (Luís Suárez)

No hay comentarios:

Publicar un comentario