sábado, 27 de marzo de 2010

OURO NA BARDA


O PETON DO OURO DA BARDA

LENDA

Xa fai moitos anos cando polos nosos mares navegaban xentes sen escrúpulos, que mesmo lle daba morrer que vivir nunha pelexa, por iso as batallas as facían a sangre fría e loitaban so polo material, para eles non existía os morais nin a xustiza, esta a facían o seu modo, por isto os galeóns e navíos que circulaban dos mares do Norte polas nosas costas nunca pasaban bacíos, fosen cara Inglaterra, e mares do Norte, coma se o facían cara os nosos mares.

Unha tarde de un dia, cheo de brétema, van aló mais de tres séculos, navegaba unha goleta fronte as costas da Barda e Niñons, con néboa pechada, para eles o único que querían era pasar o cabo de Fisterra, para coller rumbo as terras a onde querían ir a masacrar a os seus moradores e cidadáns, Illas no medio do Atlántico, e aínda pasaban as Américas.

De esta ves, non tiveron a sorte de achegarse a tan lonxe singradura para que o seo pau da popa non arborase a bandeira negra coa súa caveira no centro, símbolo dos que o queren todo, e non dar nada.

Os baixos dos Nouchos, serian os culpables para que estes de pata de pau e garfo afiado, deixaran as súas vidas no pozo do Castro e ribeiras da Espiñeira.

Toda a súa mercancía ficou nos fondos dos baixos dos Nouchons, que ninguén foi capas de dicir isto foi roubado os piratas, para poder dicir aquele de que ¡¡quen rouba a un ladrón, ten cen anos de perdón!! E así foi, ningún mariño pode dicir que teña coma recordo nada de este galeón, so existe a lenda entre eles, de que na entrada da Barda, foi encontrado na ribeira do Rubio un cofre cheo de moedas de ouro, mesmo debaixo de un petón de esta ribeira, onde din que o subiron para o monte e o enterraron xunto o petón da cepa ficando esparrameadas moitas de elas polo camiño, e una certa cantidade ficaron enterradas, mesmo xunto a este petón que hoxe lle chamamos o PETON DO OURO.

Corme, 27 de mar. de 10.

Luís Suárez

No hay comentarios:

Publicar un comentario