viernes, 6 de agosto de 2010

GALEGO NA ESCOLA

O rapas que trouxo a lingua nai á escola.
Contan, que xa fai uns anos, nun pobo da nosa Galicia encontrábase un mestre do interior, dicían que viña da Castela, pero o acento da súa fala, non figuraba en ningún pobo da España, dicían que si fose Galega o seu acento viña das terras de Ourense.
Era de estes que a letra entra con sangre, é así o facía, xa que un día tras outro, o carpinteiro non daba feito as regras para azoutar os que el tiña coma rapaces iñorantes da lingua de Cervantes, ou de tanto monta, monta tanto.
Deixaba sen escola a Xenaro, que era o que menos facía por aprender este idioma estranxeiro para el, entendía mellor as cabras na corte, cando querían fuxir pro monte, ou cando estaban nel é querían vir para casa, ou cando estaban preto a parir, que o chamaban para que non sairá de xunto a elas xa que tiñan medo o lobo, que moito abundaba por aquelas terras.
Un día o Xenaro, estaba na capela, é os rapaces estaban compoñendo unha peza de teatro, xa que o señor crego,lle gustaba facer algo de comedia, para tamén tentar que os rapaces é rapazas deixasen de falar este dialecto coma eles dicían, que para o Xenaro as cabras entendían mellor a lingua Galega cando as chamaba, cando lle dicía a unha de elas a miña fermosa moneca, viña dando o rabo cara min, e lambíame as mans, para que eu lle dese un bocado de broa, entendía mellor que o mestre, e tamén mellor que o señor cura.
Este dia que estaban facendo esta obra de teatro na igresia, tratábase de unha peza sobre os primeiros auxilios.
O Xenaro déronlle o papel de enfermeiro, e tiña que mirarlle a boca o seus compañeiros, isto tiña que ser todo en Castelán, é só empezar, o Xenaro di !este niño tiene la lingua roxa¡¡, unha tunda por lingua é outra por roxo díxolle o crego, e quedaron sen peza de teatro, os mestres e ó crego pecháronse na sancristía para mirar o que facer co seu dialecto, que tanto Xenaro coma os seus compañeiros fose dialecto ou idioma o falarían na rúa e na escola.
Un dia Xenaro encontrábase no monte coas cabras, e de súpeto de entre unhas xestas veu que saia o seu mestre berrando coma se o mataran e todo o dicía en Castelán, o Xenaro entendía todo canto o mestre dicía, ay mi pierna, sacame este perro de encima, Xenaro faciase o xordo, e cando o ferido cansouse de chorar na súa lingua, dixo, Xenaro bótame este can fora, agora Xenaro a entendeu mellor, e foise con un pau mais longo que el e zoscoulle no lombo uns pau azos o animal, é díxolle o mestre, non quero dende hoxe, que me pegue a min nin os meus compañeiros por falar o que sabemos, no recreo, e mesmo na escola fora das clases, queremos exercicios do Galego incluídos aínda que vostede e o crego digan que non bale para nada, senón o deixo aquí con esa ferida xunto a este can que me entende e non foi a escola aprender linguas de outras terras, tamén eu tería que ir aprender a ladrar e así falaría a lingua do meu can.
O mestre escoitando o rapas, deixou de falar en Castelán e díxolle a Xenaro, mira meu rapas eu estou obrigado a facer isto, xa sabes que o crego e a garda civil, o alcalde, é toda camarilla, queren implantar o que nunca crecera , axúdame fillo, maña falaremos.
É esa maña chegou, na escola que estaba a estudar Xenaro, fora e dentro comezouse a falar na lingua que sabían, a lingua da que pronto falarían de Rosalía e Castelao, e mesmo puxeron na escola con letras ben grandes UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO.
Luís Suárez /Corme 5 de Agosto 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario