viernes, 24 de septiembre de 2010

A SARDIÑA ENCANTAD

A SARDIÑA ENCANTADA

Nun pobo da beira mar de Corme Galicia, encontrábanse dos irmáns pescando nunha gamela as fanecas, a pesca era nula xa que levaban dúas horas pescando e na bancada da chalana so tiñan dúas pequenas xurelas, decidiron descansar unha hora.
A media hora de estar durmindo, un dos irmáns empezou a pescar entre soños, onde a pesca era diferente a vida normal, el só tiña mais de 50 fanecas e seguía pescando, cando nun lance de picado estraño, empezou a tirar da liña, e cando viña xa acercándose a gamela, un color branco resplandecente deixábase ver polo medio das augas.
Unha sardiña, dixo Francisco todo contento, e ademais una sardiña grande, que tratou de collela con coidado para non mancala, o metela abordo o peixe facíase forte e non quería que o pescador a collera, pero nunha rabiada de Francisco, meteu o peixe abordo, xa na bancada encima de un saco a sardiña quería dar os últimos coletazos, a francisco empezoulle a dar lastima aquel animal tan precioso, aquel cor de prata, é decidiu volvelo o mar.
O animal o verse ceibe, é sobre as augas do mar empezou a danzar de contenta sobre a cola, dando saltos de máis de dous metros de altura dándolle as grazas o pescador, é entrándose a mar a dentro, deixou a Francisco pescando xunto a o seu irmán Xosé.
Un pequeno chuvasco do norte despertou os irmáns, e Francisco preguntou a o seu irmán onde méteche o peixe que pesquei, Xosé contestoulle, ai tes o peixe que pescamos, e levantando un saco que gardaba que o pouco peixe que tiñan non se cocera co sol, Francisco exclamou e a sardiña, que sardiña ó? nos non pescamos ningunha sardiña dixo Xosé, xa esta, estaría soñando mentres durmiamos, dixo Francisco.
Un día Francisco estaba recollendo golfe na praia da Barda é xa estaba escurecendo xa que o sol estaba pasando por detrás do monte de Galiñeiro, no mar xunto a Salgueiriña pereceulle ver unha mancha branca de un peixe moi grande coma se fose un arroaz pero era branco, é os arroas son negros dixo el, colleu o camiño cara a Salgueiriña, é cando chegou o sitio non había nada.
E a si moitas veces mais, coa ditosa mancha branca cor prata que non se deixaba ver de preto.
Francisco isto non llo contaba a ninguén, so o tiña en secreto entre el e a famosa mancha no mar.
Xa cansado de esperar de que un día fose verdade en encontrarse coa realidade, estando descansando na illa de Santa Mariña, volveu a quedar en soños, onde de esta ves si, la sardiña que el devolveu o mar transfórmase nunha sirena, unha muller rubia, o seu corpo remataba nunha cola de peixe prateada, o mesmo que a sardiña, achegouse as pedras i díxolle que a acompañase facer un pequeno recorrido ata o lago, onde lle ensearía a súa casa.
Durante este largo paseo foille mostrando todos os secretos de estes fondos mariños enganchado a súa ala espinal, o pouco tempo chegaron a unha cova que se entraba cara o monte na area Praza, dentro había unha lagoa e a todo o seu arredor un paseo cheo de luz, a unha parte estaba a súa casa que parecía un palacio tamén todo alumeado do resplandor que saia de este pequeno lago.
Xa de volta cara a illa, a sardiña sirena, contoulle moitas cosas dos mariños da Barda, que lle dicía, que non os contara a ninguén, é el prometeulle que os quedaría para el.
A ultima vez que volveu a ver esta mancha branca prateada foi un inverno baixando polo campo da Pedra Ancha, avisándolle que non fose pescar, xa que o medio dia estaría moi mal tempo, fíxolle caso e descansou tranquilo na casa de Guxin.
Fose en sonos ou non, el estaba en que esas manchas prateadas as vío moitas veces no mar dende que soltou aquela sardiña.
Corme, 24 de Setembro 2010
Luís Suárez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario