lunes, 1 de noviembre de 2010

MARIÑEIROS DA BARDA

ILLA DE SANTA MARIÑA
Santa Mariña, Niñons.
A illa de Santa Mariña, coles, patacas recollidas todos os anos polo seu tempo, hoxe o único que se pode recoller é toxo tamén algunha silva.
O porque hoxe collemos esta fermosa illa a un salto da terra continental.
Refuxio de homes é gaivotas, nas tempestades dos invernos enfurecidos, acolledora para os mais fráxiles, rapaces mariñeiros, que nin pasaban dos 10 anos, o seu silabario saia das bocas dos mestres mariñeiros que enxeñaban como se podía pescar coas artes de pesca de aquel entón, como se podía comer sen levar nada consigo, unha barbada asada con verzas da leira da illa, tamén quentiñas do lume que facía dous traballos a ves, quentaba o corpo é daba calor para asar estes peixes condimentados pola sal recollida polas pozas da ribeira.
Eu fun un de eses nenos que comecei a saber o que era un remo é para que servía, o que era unha cubeta, un estrobo, un tolete, unha poutada, para que servía unha brinca e moitas cousas mais.
O silabario saído de estes mestres do mar, era a enciclopedia que non aprendías na escola cos mestres pagados polo estado, que como se dicía ¿pasas mais fame, que un mestre de escola? Ou este ¿tes mais merda no corpo, que a capa de un garda civil?
Lembro unha noite que pasei na illa co señor Xosé un mariñeiro de Guxin, un home moi bo para os rapaces, sempre que non lle foras a froita a horta, a noite estaba fría con lúa chea e despois de comernos uns farros asados, que el non deixaba nin as tripas, eu con unha concha de unha lapa sacáballe as escamas o peixe, os artiluxos do corte estaban na gamela, pero o mestre este, enseábame como se podía vivir sen nada, pero eu dicíalle que algo facía faia por exemplo o lume.
E do lume trataremos agora, como dicía, a noite estaba moi fría, recollemos mais leña para cantarnos o lume, onde con aquela calorciña quedamos durmidos os dous rapaces el con 70 anos e eu con 10.
O señor Xosé comezou a ter frío nos pes e acercounos as ascuas do lume, pero de tanto acercarse, o lume comezou a queimar os paus dos zoques, e o frío acompañado do sono este vello mariñeiro nin conta se deu.
A mañan cedo chegaron os outros mariñeiros, meu pai Francisco e o seu fillo Serafín, que nin traian frío nin outra cousa xa que a pesca fora escasa, o tío Xosé o sentilos chegar chamoume, é eu levanteime, cando estaba xunto o meu mestre, mirei que camiñaba coxeando de un pe, pregunteille que era o que tiña, sabedes o que tiña o señor Xosé, estaba camiñando descalzo xa que o lume arderalle os zoques e el nin conta se dera, nos pes só unhas pequenas queimaduras, tiña os pes mais duros os paus dos zoques por iso aguantaron, é isto foi unha das miñas andainas por os mares de Niñons que teño moitas mais.
Corme 1 de Novembro 20010. Luís Suárez

No hay comentarios:

Publicar un comentario