jueves, 11 de abril de 2013

PUCHO BOEDO Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Ir a: navegación, procura Pucho Boedo, nado na Coruña en 1928 e finado o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante galego considerado un mito da canción galega. [editar] Traxectoria Pucho Boedo naceu no Ventorrillo en 1928, fillo de Xosé Boedo, membro da CNT asasinado no 36. Un ano despois o seu irmán José Antonio Boedo Núñez era tamén fusilado. Outro irmán, Manuel Boedo, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Andando o tempo Pucho reencontraríase con el. A finais dos corenta comezou a cantar Radio Juventud no Quiosco Alfonso, gañou un concurso e foi fichado pola orquesta Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela. Foi a primeira vez que unha orquestra galega cruzaba o Atlántico. Da súa volta de América, os Satélites traerían ao campo da festa o poder da música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela. [editar] Popularidade Voltou para xuntarse de novo cos Trovadores, que tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Foi a partir da súa incorporación a Los Tamara, chamado por Prudencio Romo, que se fixo popular. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Olimpia de París, compartindo escenario con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida pola ditadura franquista. Púxolles música aos versos de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía. Deixou os Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería a cantar até 1982, cando encetou a súa carreira en solitario. A SILVA, A CORUÑA. 11,4,20013 Luis Suáarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario